belen
Aug 09, 2009 22:06
Chorando en vermello
polo novo, polo vello.
Só ve queda xeo nas veas
e o meu corazón tornou
nunha presa de area.
belen
Jun 21, 2008 15:34
Tanto me ten, porque xa non me agrada
ver que na banalidade gravita
a insignificante vida, maldita
pola magnitude de non ser nada.
belen
Jun 18, 2008 16:08
Non quero que intoxique
a miña psique
a raíña
galiña.
Eu pertenzo a unha horda
xorda.
Non hai orde
no universo
que me morde.
Afástome entón
deste entorno
sen razón.
belen
Jun 10, 2008 15:01
Querería ó menos un segundo
cambiarme coa raíña do mundo.
Ela na casa, e eu de festa.
Proba-la súa vida e non esta.
Tódolos meus soños acaounos ela
eu vexo os seus pasos dende esta xanela.
Como son apouacada eu calo a verdade
córtame o coitelo desta iniquidade.
É máis importante se ela está de leria
que os meus pensamentos dende esta miseria!
belen
Jun 10, 2008 14:46
Estou en constante hipnose,
hipnose espiritual,
coma de realmente fose
o meu estado natural.
Esmorezo a cada dose
deste veleno letal.
Curioso: Deus non me axuda
e non me tenta Satán,
e o meu ser anda à pescuda
de por que todos se van.
Neste limbo-labirinto
todo o vexo moi distinto.
belen
Jun 10, 2008 14:43
Nova páxina en branco,
novo contador a cero.
Miro ó chan, sento nun banco
para esquece-lo que quero.
¿Por que cambia-lo cristal
da fiestra que segue igual,
da fiestra aberta,
para senti-la aperta
do frío invernal?