Os mimos na escala de irmáns

Oct 02, 2004 14:07

Certo é que os nenos pequenos teñen moito apego polos seus seres queridos, especialmente pola súa nai e o seu pai. Que lles fagan caso é o seu principal obxectivo, e fan todo o posible por conseguilo, sobre todo se hai irmáns pequenos de por medio. Fan mil cousas para chamar a atención, póñense 'tontitos' e incluso choran. As falcatruadas comezan cando xa son demasiado 'maiores' para chama-la atención dos pais mediante o choro, ou cando queren fastidiar ao anano (ou anana) que lles quitou do trono do que eran reis absolutos.
Pero todos esos sentimentos non morren cando crecemos, simplemente se reducen a outros campos, e danse en menor número de situacións.
O posto que se ocupe dentro da descendencia dos mesmos pais determinará a cantidade de mimos na idade adulta. Por exemplo, os fillos únicos, sen irmáns, soen ter mimos de sobra (isto é unha xeneralización que sene mbargo se ten cumplido en tódolos casos que coñezo) e sen embargo (isto non sempre) piden moitos.
Outro exemplo que coñezo moi ben e o de irmás maiores (e irmáns, pero sobre todo o meu caso, que é de irmá) que sofren de celos dende a idade á que teñen o primeiro irmán/irmá (que canto máis tarde é, pior) e se volven moi mimosos. Din que é moito máis esaxerado nos nenos que nas nenas por iso do instinto maternal, pero no meu caso foi enorme a cantidade de celos e de intentos de 'asasinato' con Tomi de víctima... E co tempo convertinme na súa amiga pero tamén me medraron os celos. Co segundo irmán todo foi distinto: queríao mirar e tocar, como se fora un boneco, jeje. De tódolos xeitos fíxenme extremadamente mimosa e bastante celosa (cando teño razóns para sélo :P)
Os irmáns pequenos, polo que sei, soen ser os máis consentidos e chulitos, pero tamén bastante agarimosos e doces con quen lles peta.
Non se pode xeneralizar nestas cousas, pero hai moitos estudios que o confirman. Eu non acostumo a crer nas estatísticas, pero teño os meus exemplos tanto na casa como fóra ;). Encántame observar esas cousas e preguntar para comprobar as miñas hipóteses...pero todo iso o fago en secreto case sempre :P
Previous post Next post
Up