Sep 30, 2004 09:43
Pois o tema deste blog xa está decidido: a infancia (sobre todo en Galicia que é a que coñezo) e as anécdotas, xa que o meu traballo, por chamalo dalgunha forma, é coidar meniños ^^
Comezarei polo máis difícil do choio: que os novos nenos se fagan á idea de que non sempre van a estar apegados ós seus pais e que cando eu chego é porque van a quedar sós. Onte tiven esa etapa de novo (xa que os outros que coido xa me coñecen dende hai tres anos) cuns novos nenos. Rubén ten tres anos e a súa irmá pequena ten dez meses.
Rosana, a nai dos nenos, e máis eu, collémolos na guardería e levounos o pai ó parque, onde xa quedei sola con eles. Ana quedou moi leda comigo, dinlle un pouco de auga e xa era feliz, pero Rubén notou que pasaba algo, que estaba no parque pero so comigo. Empezou a chorar e chorar, e chorar, chorar, chorar, durante quince minutos que para min foron infinitos. Entre as bágoas (enormes bágoas molladas) e a frase que repetía cada 3 segundos, eu púñame cada vez máis nerviosa. Por sorte, atopeime cunha nena da clase de Rubén, que tardou un rato en facer que Rubén quixera xogar con ela. Así que montamos a Ana nun columpio e Rubén estivo xogando coa tal Alba unha hora, sen lembrar dos pais ata que chegaron.
O máis gracioso da tarde: fixéronme nai dúas veces a falta dunha. Dicindo que me quedaba ben a nena de dez meses, ao que eu respondía que nin ganas que tiña ata dentro de moito tempo, ao que eles volvían pensar e dábanme a razón no de que son moi xove para traer críos a este mundo. 'Ai, pero que ben che quedaba, e que guapiña é, parécese a ti...'
En fin, que a xente sempre atopa parecidos onde non os hai, por iso din que a miña nai e máis eu somos igualiñas... como diría un amigo noso: 'son jaliños jaliños, mesmo peeelo, mesmos oooollos...'