Alimentación

Oct 06, 2004 21:43

Un dos problemas máis grandes para unha nai é o de alimentar aos seus fillos. E con isto
non quero dicir darlles de comer, senón alimentalos, que é distinto. Non coñezo a ningunha
nai de menores de 5 años que non tiveraproblemas algunha vez para que o neno comera toda a
papa ou non tocara o iogurt antes de acabar o pescado.
Non o comprendo, xa que os gustos, en teoría, edúcanse, e podo comprender que un neno cando
vai á escola e escoita a outro dicir que os tomates dan asco o repita, pero non antes de
comezar a ver a moitos nenos. E sen embargo, o 99% dos meniños que coñezo (que non son
poucos) odian o tomate, dalles repelús ou algo así...
O peor é a manía que lles entra a algunhas de que o coman todo, se nin sequera elas acaban o
prato tódolos días! E ala, veña a chuzarlle o culler cheo de papilla, xa fría, que ao neno
xa non lle colle na barriguiña.
Se o neno non quere comer ás súas horas, o mellor e non darlle NADA ata a seguinte 'hora de
comida' (que nos nenos hai moitas) e tentar que aprenda que non vai comer como nin cando
quera, nin o que lle dea a gana. Hai que comer o que hai. Este experimento non debe durar
moito, xa que non se pode matar a un neno de fame...
Na miña opinión, está ben o de darlles doces de vez en cando, e máis cando aínda non
engordan moito (se se miden) pero ó igual que os acostuman a comer esas cousas, por qué non
os acostuman a lava-los dentes??
En fin, primeiros pensamentos sobre a infancia actual (que non sobre a miña pasada)
finalizados :P
Previous post Next post
Up