Oct 13, 2004 19:05
O día 4 de xaneiro dun ano remoto (:P) nacín no Hospital Xeral de Vigo, onde trataron tan mal á miña nai que só quedamos 3 días. Nada máis nacín, é dicir, cando xa respiraba aire e todos os microbios que existían nel, e despois de que me pesaran e mediran e todo iso (era baixiña xa por aquel entón, e bastante normaliña de peso) as enfermeiras comentaron os resultados:
- Mira que nena máis guapiña - (e non o invento :P)
- Claro, e que o pai é inghlés - e a miña nai con cara de...'e eu que?'
Cando abrín os ollos, bingo! eran azuis! Pero non podían saber se quedarían así uns meses ou para sempre, xa que moitos bebés son coma os gatiños, téñenos azuis ao nacer e pouco máis.
Na casa tiñan preparada unha habitación para min, moi quentiña porque era inverno e estabamos nunha casa de pedra en Borreiros (na que sigo vivindo) e porque as demáis da casa tiñan un pequeno problema coa temperatura (se me sacaran da habitación estaría morta por hipotermia.) E os meus abós viñeran pasar unha tempada para coñecerme.
Medraba pouco e a miña nai preocupábase, así que lle preguntou á mia pediatra. Ela díxolle que estaba por debaixo da mínima normal dunha nena da miña idade, pero que, ao meu ritmo, crecía progresivamente e que non pasaba nada raro. Ademáis axiña me medraron o pelo, a fame e o volume de grito. Os meus ollos mantivérnse azuis, coma os da miña avoa, exactamente iguais, e ela encantada e babeando pola súa primeira neta nena, e o primeiro bebé en anos (pola parte do meu pai) xa que tódolos demáis netos tiñan un mínimo de 14 anos.
Vivía con todos pendentes de min, sacándome unhas poucas fotos (das que, cando consiga escanear decentemente, porei por aquí algunha.)
O que precisaban agora os meus pais era a alguén que me coidara nesa aldea cando a nai comezara a traballar de novo...
(continuará xD)