Primeira vez (con fotos!)

Oct 24, 2004 17:28

A miña primeira foto:


A primeira vez que articulei un intento de palabra dixen 'ta'.
A primeira cousa que comín que non fora o leite materno foi papilla Puleva.
O meu primeiro paso foi tardío (sempre fun vaga.)
O meu primeiro xoguete, as tapas das olas da cociña, a modo de batería.
A miña primeira viaxe, a Santander, a casa dos meus outros avós. E a fora do país, Portugal, por suposto :)
Os meus primeiros caprichos: escapar a casa do veciño a mira-la tele en branco e negro e mollar os pés nos charcos de chuvia. Non querer vestir faldas nin ir á guardería. Non ter un irmán.
Os meus primeiros dentes xa saíron torcidos (como toda eu.)
A primeira preocupación para os meus pais: que crecía a un ritmo normal, pero por debaixo da mínima, sempre. Tamén unha caída no xardín, de cabeza contra una pedra enorme.
O primeiro día de escola non chorei, e flipaba cos decibelios dos gritos dos demáis. Encantábame facer deberes e darlle envexa ao meu irmán, que aínda estaba na guardería e non sabía nin a letra a.
A primeira vez que a miña nai me deu unha sorpresa: Pablo, un neno rubiño e branquiño, nun capazo enriba da mesa do salón.
Pero moitas outras primeiras veces estaban por vir... Cando atope un escáner prometo que porei ua miña primeira foto--->e aquí están, gracias, Sandra ;)

Previous post Next post
Up