nostalxias

Jun 11, 2005 21:01

Chega unha idade na que temos que comezar a levar mochila como un engadido ao noso corpo cada día, cun bocata e uns cantos libros dentro.

Onte fun á festa de fin de curso do que foi unha vez o meu colexio (quero dicir o centro no que estudiei dende os 3 aos 16 anos, que se din rápido) e rememorei tódolos meus fins de curso, todos os meus cursos nese colexio, e vin pasar todos eses anos rápidamente, especialmente nos nenos que eran ananos cando marchei e que agora están xa a punto de acabar tamén.

Pero iso non era o tema que quería tratar, o tema que me plantexei é o da situación política da nosa terriña.

Dende que eu teño uso de razón, o Fraga roolz in Galicia, e non recordo nada do anterior, por iso xa estou cansa del (inda que por moitas outras cousas) e quero pensar que non son a única. Este home é coma calquera cousa que nos poida gustar, que por moito que nos guste, se se repite moito, cansa, ou coma un chiste que é moi bó e nos repiten ata a saciedade. O peor é que non só se repite senón que fai cousas novas peores.

É a primeira vez que teño dereito a voto nas eleccións ao parlamento galego (por idade, non por dereito negado) inda que xa experimentei eleccións nacionais, eleccións locais e o famosiño referendo para dicir que sí que non ou que non sei por a constitución amago esa... E sei que non votarei ao PP pero que, ainda que sen maioría absoluta, poden gañar igual :( Pero non perdo a esperanza (que é o último que se perde) e desexo que o meu voto co de outros moitos serva para algo. E sei que é un voto, só un, pero algo contará non?

Por último gustaríame facer hincapé no logo do PP: máis. Non vos dan ganas de porlle un "nunca" diante? Ou de dicir "Pois non temos ganas de máis, gracias!"? A lo menos os outros partidos teñen algo de vergoña, pero estes nada, ala e tira pa' diante!

Debo admitir que o que lera o meu apelido primeiro e o meu nome, non pensaría que son galega, a pesares do meu alcume neste blog, pero considérome tan galega coma tí, e o que é máis (xd q coña) aproveitarei o meu voto que para iso teño dereito a el, e non pensarei só na miña tripa agradecida (como moitos dos que votan ao PP) senón na de moitos e moitas.

Un besiño a Fraga! xD chaus
Previous post Next post
Up