paranoika

Jun 20, 2005 15:56

Xa dende nena fun paranoica, pero unha serie de ciscunstancias foron endurecendo ese detalle da miña personalidade. Non é exactamente paranoia, non sei o que é, pero non me gusta nadiña.

Onte medio conseguemos o que buscabamos, pero non de todo. E non sei cantos mil netos de galegos, nin sequera nados en Galicia, teñen dereito a voto!! Ata os mortos... Iso faime sentir vergoña da terra na que vivo.

Pero non por iso me sinto paranoica. Como ben sabemos, estamos en época de exames (inda que moitos sortudos non) e os ánimos baixan un chisco. Na escola sacaba moi boas notas case sen esforzo (case, que algo si que estudiaba) e no instituto saquei boas notas estudiando, como todos. Pero agora na facultade, por moito que estudio, non consigo chegar a un notable en moitas asignaturas (en algunha sí, e do sobresaínte e da matrícula xa nin falo) e iso faime sentir máis insegura para os exames que faltan. Ademáis, inda que as comparacións non son boas, non podo evitar compararme cos demáis, e as miñas amigas son o meu primeiro modelo. TODAS sacan mellor nota ca mín, inda que estudien menos :(

Pero claro, non me serve de nada porme así, entón qué fago? asumir que igual non teño capacidade e non valgo para isto? Foderme e estudiar máis ca ninguén (por dicir, porque tampouco creo que sea a que máis) e sacar simples aprobados?

Mentres tanto, a situación política en Galicia tenme distraída dabondo :(
Previous post Next post
Up