Pois non é a primeira crítica que escoito ós concertos de Dilan na actualidade. Din que se lle vai moito a pinza. Eu estou totalmente dacordo con esta decisión. O de traer vellas glorias que xa non son o que eran nin de lonxe é unha perda de cartos, porque ademáis cobran unha animalada. Paz ante todo eh? :)
Non, se a min Dylan non me gosta especialmente... Pero digo eu, que se non queres que veña porque o consideras unha perda de cartos, di iso, non digas que é porque toca de espaldas ou outras movidas, porque quedas como un pailán. E, de todas formas, na mesma noticia dicían que como querían congregar a 20000 ou 25000 persoas na praia, levarían grupos para a xente da idade de Tello e Garcés, e xa me dirás. Non me parece moi lóxico. Pero tambén é certo que foi Garcés o que dixo aquilo da excepcional cantante Carmina Burana... e con iso queda todo dito.
Bueno, a verdade é que Garcés non me desperta moitas simpatías, porque xa leva tempo dicindo e facendo estupideces... pero tampouco hai que caer na trampa dos xornalistas que o que buscan é sacar de contexto as cousas... cando saiba qué grupos veñen definitivamente este ano, opinarei... Tello propuña traer a Nick Cave, ou a Bjork, que a verdade parécenme boas alternativas...
Comments 5
Reply
Reply
Reply
Reply
Leave a comment