CONCENTRAÇÃO EM MADRID O 26 DE SETEMBRO PELA LEI DO ABORTO

Sep 20, 2009 21:44

"Mujeres ante el congreso", plataforma estatal apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, convoca á concentración-festa POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES, que terá lugar en Madrid o 26 de setembro, de 18h a 21h,na Praza do Museo Reina Sofia.

As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir ainda mais a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai ainda mais urxente que quenes defendemos o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.

Mujeres ante el Congreso

http://mujeresantecongreso.blogspot.com // mujeresantecongreso@gmail.com

!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do dia 26 de setembro organizando AUTOBUSES que sairán na mañá do sábado 26 e regresarán á medianoite desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense, segundo demanda, a un coste de 10€. !!!

Para se inscrivir contactar con Luz no 679840679. Por favor deixar nome, localidade e telefono no contestador.
Previous post Next post
Up