Galiza Non Se Vende. 20 de xulho 2009. Cangas
BRUTAL INTERVENCIÓN DA GARDA CIVIL EN CANGAS - MASSÓ
DEZASEIS PERSOAS DETIDAS
Hoxe en Cangas, unha vez máis, a intención de reiniciar as obras en
Massó tinguiuse de violencia e represión, pero desta vez rebasou tódolos
límites. Dende primeira hora da mañá, numerosas veciñas e veciñosde
Cangas, e membros de colectivos sociaise e ecoloxistas, que facían garda
no Salgueirón, como cada mañá, para impedir as obras ilegais do porto
deportivo de Massó, foron agredidos violentamente e detidos pola Garda
Civil.
A rede Galiza Non Se Vende amosa a súa indignación por este novo acto
autoritario, que criminaliza toda protesta lexítima en defensa dos
valores da ría, e denuncia que, unha vez máis, a Garda Civil está a
protexer intereses privados, protexendo unha obra ilegal con enorme
impacto sociambiental, en vez de protexer e tutelar o interés xeral e
colectivo e o respecto á legalidade vixente.
A DESTRUCION DA RIQUEZA COMUN
Na zona mariña de Massó que pretende estragarse coa construción do porto
deportivo, faenan arredor de 500 persoas. Dela tense sacado máis dunha
tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, navalla,
ostra, centola, ourizos… Os seus fondos de maërl son especialmente ricos
en biodiversidade, dos máis ricos da ría, e constitúen unha zona de
alevinaxe de moitas especies.
A ILEGALIDADE COMO MEDIO, A REPRESION COMO SISTEMA
As ilegalidades e irregularidades que rodean este proxecto son de
enormes magnitudes. Baste dicir, por mor da brevedade, que a empresa
construtora chegou a inscribir no Rexistro da Propiedade de Cangas como
pleno dominio un espazo de dominio publico maritimo terrestre.
Esta mañá varios camións e escavadoras, sen ningunha licenza para tal
actividade, pretendían acceder pola zona da Torre (inmediacións do
edificio principal da antiga factoría de Massó) ao punto de vertedura de
entullos fronte á fábrica para poder seguir executando as obras. Unhas
15 persoas que tentaban de forma pacífica (nunha sentada) impedir o
acceso dos camións que non contaban con licencias foron desaloxadas
violentamente e agredidas pola Garda Civil, e varios resultaron feridos.
Unha ambulancia recollía a un membro do Foro Social de Cangas tras
recibir unha forte agresión nunha perna recentemente operada.
Despois da carga da Garda Civil, nun clima de tensión e nerviosismo,
leváronse a cabo numerosas detencións (16 persoas) baixo cargos
ficticios, para evitar que seguiran as protestas e entorpecementos das
obras, que ata agora foran paralizadas.
Entre os detidos están numerosos activistas de colectivos integrantes da
rede Galiza Non Se Vende: Tiago, do Foro Social, detido e esposado por
estacionar o vehículo diante das obras; Sangabriel, do Foro Social de
Cangas, agredido cun porrazo na cara; Edi, de Bouzas Móvete, agredido e
esposado; Sabela, de Verdegaia, agredida e lesionada nunha perna; Pichi,
de Luita Verde; Pasatem, de Caleidoskopio; Pipas, de Fuga em Rede; Iria,
da Ría Non se Vende; todos eles inmobilizados de forma violenta e
detidos sobre as doce do mediodía. Da mesma forma, detiveron a Marichu
Álvarez, do grupo municipal ACE do Concello de Cangas. A moitos dos
detidos os trasladaron esposados ate os furgóns como se de criminais se
tratase. A indignación veciñal por estas detencións supuso a unánime
repulsa e a enérxica protesta dos alí presentes (20-30 persoas), grupo
que aumentaba en número pola chegada de novos veciños que secundaban a
protesta e apoiaban aos compañeiros e compañeiras detidas.
Sobre a 13 horas, a maquinaria pesada seguía intentando acceder á zona a
pesar das protestas. O concelleiro de Urbanismo de Cangas, Mariano
Abalo, que chegou ao lugar cando tivo coñecemento dos feitos, ordeou a
paralización de toda maniobra da maquinaria pesada.
Malia a represión que os colectivos, veciñas e veciños en defensa da ría
e do territorio están a sufrir por parte das forzas e corpos de
seguridade ao servicio de proxectos privados, a defensa de Massó
-convertida xa en símbolo da loita polo respecto á terra- seguiráviva e
non permanecerá impasible ante calquera agresión.
Esta tarde, a rede Galiza Non Se Vende convoca a unha concentración en
Cangas en apoio aos detidos, privados de liberdade por defender os
valores da ría e o interese público; e por tentar impedir a execución
dun proxecto ilegal, destrutor de postos de traballo e devastador do medio.
UNHA INOPERANCIA XUDICIAL SELECTIVA
Desde hai catro anos a Confrarìa de Pescadores “San José” de Cangasten
interposto un contencioso no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
contra estas obras, que vulneran a concesiòn estatal que esta confrarìa
ten para faenar nesas augas. Ese Tribunal denegou a paralizaciòn
cautelar das obras, denegaciòn que foi recorrida polo pòsito cangués hai
xa tres anos ante o Tribunal Supremo. Ambolosdous contenciosos durmen
nalgunha estanterìa de tan altos tribunais. En cambio, os xulgados son
ràpidos à hora de practicar dilixencias contra os membros dos movementos
sociais opositores ao proxecto.
SUBDELEGADO DO GOBERNO… ¿OU GOBERNADOR CIVIL? DESTITUCIÓN
A Rede Galiza Non se Vende denuncia a utilizaciòn da Garda Civil como
forza represora e policía privada ao servizo de intereses particulares,
contrarios ao ben común, que destrúen a riqueza do noso mar e a nosa
terra. Polo tanto, e ESIXE A INMEDIATA DESTITUCIÒN DO ACTUAL SUBDELEGADO
DO GOBERNO EN PONTEVEDRA, DELFÌN ALVAREZ, por estes e por outros feitos
xa anteriormente denunciados, intolerables nun estado pretendidamente
democrático, que nos transportan a tempos pasados e o fan merecedor do
antigo nome de “Gobernador Civil y Jefe Provincial del Movimiento”
A rede Galiza Non Se Vende esixe, asemade, a inmediata paralización das
obras e a retirada deste proxecto ilegal, fruto da especulación
urbanística, que destrúe o medio natural; as actividades sustentables e
os postos de traballo a elas asociadas; o patrimonio cultural e a
identidade mesma de Cangas e de Galicia.
·····································
ESPALLA!
Lista de espallamento de novas,
convocatorias e outro material
por outra Galiza posíbel.
·····································
Envíos ---> espalla@redeanticapitalista.org
Subscr. ->
http://www.redeanticapitalista.org/mailman/listinfo/espallaEspalla esta mensaxe!!!