Dúas sesións de consumo responsable ás que vos convidamos. Resistir a crise e disfrutar do nadal non son incompatibles, baixo o lema "Consumo Responsable todo o ano, Consume o Xusto tamén en Nadal", AMARANTE organiza un ciclo de cine sobre CONSUMO RESPONSABLE ao que vos queremos convidar:
APAGA Y VÁMONOS
Xoves 18 de decembro - 20.15 h (83 min)
Local de Amarante (Avd.Camelias, 114)
Director: Manel Mayol
Esta é a historia sobre unha nación usurpada, sobre un xenocidio esquecido, sobre a globalización, sobre un río.
"Apaga y vámonos" é a historia filmada do asedio ó pobo Mapuche-Pehuenche e do fin progresivo das súas comunidades a maos de ENDESA e do propio goberno chileno. Os Mapuche que resistiron durante trescentos anos á colonización española e que sobreviviron á República de Chile, vense perseguidos pola democracia, que permite que se inunden os seus territorios, os seus camposantos, as súas casas, o seu pasado. Os que se rebelaron viven agora en prisión baixo acusación de terroristas. Os gobernantes e os poderosos fan oídos xordos, ou peor aínda, involúcranse en dubidosos xuízos con testemuñas que agochan a faciana e nos que se aplica a funesta lei antiterrorista decretada pola dictadura.
Un documental que invita á reflexión sobre a repercusión dun modelo enerxético cimentado sobre a destrucción do planeta e a crise social e democrática, que todos e cada un de nos alimentamos ao premer o interruptor.
Web oficial SESIÓN DE CURTAMETRAXES
Martes 30 de decembro - 20.15 h
Local de Amarante (Avd.Camelias, 114)
A ILLA DAS FLORES - 13 min
Os efectos dun modelo de consumo apoiado no usar e tirar. Unha análise ao ciclo de vida dun simple "tomate" e unha reflexión en clave de "humor-amargo" sobre a vida dos que teñen que vivir do que outros tiran.
THE STORY OS STUFF - 22 min
A análise definitiva do modelo de producción capitalista no que o consumo ocupa un lugar central. Desde a extracción de recursos até a incineradora, pasando pola industria, a distribución, a comercialización e o uso. Unha invitación a reflexión sobre o consumo diario, pero especialmente en datas como no nadal.
RE-MUJERES - 21 min
5 mulleres andaluzas atopan a súa via como consumidoras responsables. Unha curtametraxe que amosa as distintas maneiras de vivir mellor consumindo menos.
Propómosvos a maiores, uns CONSELLOS PARA SOBREVIVIR A CRISE:
- A felicidade dos teus non está no material, regalar o máis valioso e moi barato.
- Reducir o consumo, reparar, trocar, regalar.
- Mercar regalos respetuosos co medio ambiente e coas personas que os produciron.
- Meter o teu diñeiro nunha das iniciativas de banca ética.
- Organizarse en colectivos de consumo consciente.
- Sumarse as campañas de denuncia contra os abusos das multinacionais e gobernos.
- Implicarse nos movementos sociais da túa localidade.