A primaveira túrbame. Cústame moito adaptarme ó frío e, cando por fin o consigo, aparece de súpeto un sol de estreno e impertinente, coma un neno de papá vestido de domingo, presumindo de zapatos acharolados e da bici mais grande.
Aínda así é bonito poder ir á plaia de Queiruga.
Poñerse ó sol nunha plaia valeira.
Confirmar que nunca na vida poderei vivir lonxe do mar. E que xamais entenderei cómo pode alguén autoexiliarse desta terra por medo a apodrecer entre tanta humidade.
Que existen demasiadas cousas e persoas que non comprendo, comezando por min.