Relacións.

Aug 06, 2011 00:56

Qué complicadas son as relacións de parella.

É unha pasada como alguén que un día o foi todo de repente te manda un mail poñéndote a caldo por non dar sinais de vida, e prácticamente acto seguido, te responde decindo que o mellor é que non teñamos relación... O mundo está tolo, e eu prefiro baixarme del.

Quero saber de Sofía, e manter a nosa amizade, xa que é xenial, e non se atopa xente xenial en todas as partes, pero é certo, a mil kms non se pode manter unha amizade, e menos cunha persoa coma min, alguén que non se lembra de manter as amizades.

Con ana -unha rapaza que coñecin fai 5 meses- as cousas van moi ben, é incribel, superintelixente, divertida, adáptase as miñas tolemias, e o paso moi ben con ela. Por vez primeira non preciso andar a tontear con outras, porque ela me completa en todos os aspectos. Encántame.

No traballo xenial, cociño muito, vendemos muito, pasoo ben no curro, boa pasta, muito muito traballo, pero hai bos momentos. Non sei como fago que sempre consigo caerlle ben a xente nos curros novos. Será cousa da miña simpatía innata e da empatía que provoco noutros.

Richi marcha nunha semana rumbo a Brasil, teño pasta aforrada a esgalla, a ver se podo estar xaneiro e febreiro sen currar e marcho alí, a perú, arxentina e ecuador. Malo será, traballo sobra!!

Saudos dende terra de Lemos.
Previous post Next post
Up