Pois si, o día 13 tocan nun festival chamado Mariporrón a banda londinense de ska Bad Manners e, o que é aínda mellor, de gratis total. Van ser 2 días na Rioja con acampada e concertos de balde, todos de ska ou reggae. A Lui, Mariña, Noel, Mar e máis eu alí nos encamiñamos con ganas de ver a esta panda de gamberros en acción. Se alguén quere saber máis deles entrade na súa páxina oficial
www.badmanners.net e descubriredes cuan ridículo pode estar un armario skinhead vestido da Abeja Maya. Por certo, para preservar a miña integridade feminista, lávome as mans no tocante a algunhas portadas un tanto machistas...
P.D. Este sábado no Revolta vai haber unha charla ás 20:00 sobre a situación da mocidade en Euskal Herria. Así que, de camiño a Castrelos para ver a Bisbal, xa sabedes, jajajjajajajaj