(no subject)

Sep 09, 2004 14:27

Hoxe finou Manuel María un dos meus poetas favoritos, ultimamente residía na Coruña e nos meus descubrimentos personais, eses pequenos aloumiños que nos unen, aparecia el como xeito de sincronicidade, veia nel un home bo e xeneroso.E ahi vai un remol...

ARCÁDIA

DURANTE toda a miña vida andei
a soñar, longa e fondamente,
coa Arcadia maravillosa, lonxana
e lexendaria.
Viaxei a Grecia
e, con olIos atentos e avarentos,
contemplei a Arcadia: é unha
paisaxe de oliveiras e penedos,
gris e brava, onde hai un povo,
pequeno e miserento, chamado
Paradisus: nada menos.
Todo
era árido, pobre e desolado.
Entón fechei os ollos cara afora
e abrinnos cara adentro.
E puden
ollar a Arcadia feliz e verdadeira

Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986)
Previous post Next post
Up