(no subject)

Aug 11, 2006 22:52

RELATOS Nº 73: UNHA CITA

(quizabeis precisaba dun pouco mas de seriedade para contar o que me pasou hoxe, mais con todo, esta soando a vella cancion "fight like a brave", tod´un clasico para aqueles que estexan algo metidos na movida funky punkrockera. é dispois desta soara -coma unha explosion- "my name is mud", de primus)

"collin o tren a iso das 5. ia unha calor insoportable e todo o que levaba era o meu falso carnet aleman, unha tuerca no peto e un libro para ela (os diarios de ana frank).
Tiña posta unha camiseta do meu irman que me gusta moito, os meus pantalons curtos furados e co parche collido por uns imperdibles, do grupo de riot girls L-7. os tenis, suxos coma sempre, os meus allstar negros, pintarraxados.
No tren estabase mellor, habia aire acondionado.
Todo o camiño ata vilagarcia fun cavilando e imaxinandome como seria un bico nos beizos con ela. iso, ISO si se me da fatal. nunca sei como facer para bicar a unha chica a non ser que estexa moi colocado (en plan colgadizzzmo. e non che digo que son as zetas...)
o tren chegou a estacion antes de que eu tomara unha puta decision de que ia facer ao baixar. de todolos xeitos sempre é millor improvisares. ela estabame agardando como lle dixera no sms.

(sms: "un avion de papel que dice: ven a esperarme a la estacion a las 5:45"). i ela viñera. que ben!

fomos falando disto e daquelo, i ensinoume a praia. é fermosisima a praia de vilagarcia e non´o sabia. sentamos nun banco pero non me gustan moito os bancos. a min gustame o chan. asi que lle propuxen ir á herba, e tumbarnos á sombra.
ela levoume a un parque natural ou algo asi e estabase moi a gusto ali. por certo, non vos dixera que antes de coller o tren bebera duas cervexas (porque gustome mais cando bebo unha ou duas cervexas. son mais espontaneo, atrevido, sincero, suave ao falar, e os "asuntos de chicas" danseme , polo xeral, mellor asi). pasamos asi a tarde tirados ali, contandonos moitas cousas e sentiame moi ben. eu sabia que ela me queria bicar i ela tamen pensaria o mesmo de min. mais non sabia que dicirlle despois de todalas cousas que falaramos estas semanas... eu comezaba a sentirme algo namorado por enton.
cando o entre lusco e fusco marchamos a estacion. ela ben se via que ia algo disgustada i eu sentiame coma un parvo. ela dicia cousas como "bueeno.." e tal. so lle faltou dicir "eu esperaba algo mais desta tarde" , pero iso xa se lia entre liñas, ou mellor dito, liase nos seus ollos e no seu mirar.
chegamos moi xustos de tempo a estacion i ela acompañoume ata o anden. i eu apoieime countra unha columna. enton lle dixen:
- ¿como é un "no beso"?
-... e que... jo... (o cal queria dicir: ¿e dismo agora que marchas?)
eu sabia que se non a bicaba ese dia quizabeis non a bicaria mais nunca e esa idea aterrorizabame, e como se soe dicir "mais vale tarde ca nunca", non credes?
- bueno, se mañan ves a ponte, explicasmo, vale? - sorrinlle e mireina "daquela" maneria. xa sabes.
-e se non podo ir?... ainda non sei se podo ir-respostoume.
-se non ves mañan enton non mo explicaras e quedarei sen sabelo. ou ves ou non ves -un ultimatum en toda regla. eu sentinme fatal ao momento e odieime a min mesmo por lle dicir algo asi , e pensei" merda, non lle debin dicir iso". pero enton ela abrazoume e dimonos un "no beso" e logo bicamonos de verdade, con bastante paixon pero sobre todo con moita presa. bicamonos moito neses intrres e foi de pelicula. eu sentinme feliz. ela dixo que "iso non é un no beso. iso é un beso" , pero xa que mais daba. sentiame tan ben conmigo mesmo! i ela creo que se sentia da mesma maneira.
enton chegou o tren e facia "piiii piiii" e a xente subia pero nos non. i eu olvidabame do tren porque seguiamonos a bicar, joder, i enton o tren pechou as portas e nos veña a rir, i eu a correr para colle-lo tren. ao final din dado na comporta (a tecla verde) e o tren parou e todos os do tren miraban para nos. e despois saudamonos coa man da forma en que fan os meniños. ela corria detras do tren i eu lle dicia "abur" e foi unha cousa tan pavera!

(no vagon deronme ganas de chorar, pensando en todas as cousas que aconteceran. as veces emocionome moito, porque son moi sensible, e demasiado pensativo. e non sabia se estaba triste ou contento. as veces non sei esas cousas, pero choro de todos os xeitos. eu choro en silencio, dentro de min, e as veces caen bagoas, e outras non, pero eu sei que en verdade estou a chorar, so que os demais non reparan niso.
olalla gustame de verdade. aih, david, estas asustado!)
Previous post
Up