I Concurso literario "Rita Suárez Amado"

Mar 06, 2006 13:09

I CONCURSO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO".
Viernes 10/03/2006-Salón de Actos del I.E.S. Eusebio Da Guarda.

Rita Suárez Amado foi alumna do noso centro. Rematou os seus estudos de Bacharelato no curso escolar 2002/2003. alegre, comezaba con ilusión os seus estudos universitarios na facultade de Santiago de Compostela cando a morte de forma temperá nola arrebatou en xullo de 2005.
Este premio na súa lembranza nace co desexo de que todos os que a coñecemos e os novos que virán despois saiban da ledicia e enteireza coas que fixo fronte a súa enfermidade e que foron a admiración dos seus familiares, amigos e mesmo do persoal sanitario que a coidaba.

Programa do acto:

• Benvida e presentación a cargo da Vicedirectora; Dna. María Isabel Ruso de Lago
• Actuación musical de antigas alumnas
• Fallo de xurado e entrega de premios
• Palabras do Xefe de Estudos, D. Carlos Vázquez Furelos
• Actuación musical: Grupo Lumia
• Palabras dun membro da familia de Rita
• Actuación musical: coro Cantabile
• Palabras da Directora, Dna. María José Martínez Girón
• Peche do acto polo Ilmo. Sr. Delegado de Educación, D. Pedro Armas Diéguez
• Viño de confraternidade
Previous post Next post
Up